Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

Á SOMBRA DE MARÍA SILGAR. CARVALHO CALERO CONTRA A HISTORIA ÚNICA

€22,00
ISBN 9788417824013
Á sombra de María Silgar, Carvalho Calero contra a ‘historia única’ (xénese e análise d’ A xente da Barreira e Os señores da Pena) preséntase como unha densa e pormenorizada análise dun  Carvalho Calero polígrafo mercé á intervención de Mª Ignacia Ramos, a súa esposa e compañeira.

Esta descóbrese como unha das tantas e tantas mulleres silenciadas que, embora, destacaron con luz propia no planisferio das letras dunha Galiza adoito magoada. Do punto de vista integral e integrador, Pardo de Neyra aborda neste traballo o estudo do Carvalho primeiro novelista de Posguerra e o da Ramos Díez inspiradora, aleitadora e mesmo escritora. Co pano de fundo da Historia Social, por este texto aténdese á realidade que levou Carvalho a agasallar á literatura galega coas súas primeiras tentativas romancísticas logo da implantación do fascismo inaugurado en 1936, así como á do Carvalho docente, impulsor e inspirador do importante proxecto educativo do Colexio Fingoi de Lugo, un dos máis relevantes para a historia da educación galega.      

____

Editorial: Embora
Idioma: Gallego