“Pediume que escriba todo o que sei sobre o home a quen chamaban Shetland Jack. Fareino. Voulle relatar a súa dura vida. E desvelareille a terrible verdade sobre a súa violenta morte.
Pero a historia de Shetland Jack non acabou coa súa morte. E a historia de Jack converteuse en parte da miña propia historia. Tamén debo escribir sobre isto, aínda que sexa difícil para min. Desexaría esquecer moito do que pasou este último ano.
A súa amiga, Sally Jones”
A rosa falsa é unha secuela independente dos libros gañadores do premio August A lenda de Sally Jones e O mono do asasino.
Jakob Wegelius é un autor e ilustrador nado en Göteburg en 1966. Estudou literatura e filosofía e graduouse en Konstfack (Facultade de Artes e Deseño) en 1996. Os seus libros traducíronse a uns 10 idiomas e foi premiado en varias ocasións, incluíndo o Expressen’s Heffaklump en 1999 e o Premio Maria Gripe en 2008. Ademais, é o único autor que conseguiu gañar o Premio August por dúas obras: A lenda de Sally Jones e O mono do asasino, en 2008 e 2014, respectivamente. Por este último foi premiado polo Consello Nórdico (Literatura Infantil e Xuvenil) en 2015. Estas dúas obras publícanse en Sushi Books en castelán e en galego.
____
Editorial: Sushi books 2021Idioma: Galego