Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

A PORTA DE PALLA

€16,00
ISBN 9788412103984

Baldonio, o todopoderoso conde e bispo de Nerbia, é un compendio de todos os vicios existentes, mesmo ten un pequeno diaño que convocou dos infernos. En consecuencia, o seu comportamento leva o papado e os señoríos veciños a sitiar a cidade para provocar a caída do tirano. A partir dese momento, para salvar o pelello, Baldonio decide facerse o arrepentido e peregrinar a Roma na procura do perdón do papa, viaxe na que o acompañará o seu sobriño Finamor.
Porén, a marcha do bispo herexe, simoníaco e promiscuo, some a cidade de Nerbia nun enorme caos onde non faltan intrigas, loitas de poder, campesiños enrabechados e, como non, o duque de Exipto, tamén chamado Plutón Barrabás, misterioso personaxe que aparece e desaparece a vontade e que, dun xeito ou outro, vai guiando os destinos de Nerbia.

____

Editorial: Fundación Vicente Risco
Idioma: Galego