Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

MORTES CON ARGUMENTO

€23,00
ISBN 9788412963762

Un parque eólico nos arredores da lendaria Pena Molexa. Un escritor frustrado. Un apaixonado etnógrafo. Un pescador vingativo. E dous cadáveres: un semella resultado dun ataque terrorista; o outro, vítima dun accidente. A inspectora Iria Arnoso e o seu homólogo vigués, Félix Couñago, investigarán o acontecido nunha poboación mariñeira que non deixa de esconder segredos.

Tras os seus libros de relatos Á deriva e O estraño caso da bicicleta amarela, Henrique Dacosta sorpréndenos agora cun thriller policial que mantén o suspense de xeito brillante. Levados polo seu proverbial dominio da linguaxe e o seu empeño propio en manter vivas as expresións da zona, percorremos a admirable paisaxe de Ferrolterra onde o autor teima en situar as súas obras.

Mortes con arguemnto é unha excitante novela que mergulla o lector nun xogo sen fin onde descubrirá que todos os personaxes teñen algo que ocultar. E ti? Matarías pola túa causa ? Encubrirías o crime dun amigo ?

____

Editorial: Belagua 11-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 364
NARRATIVA