Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A ORIXINALIDADE RADICA NA ORIXE. O CONCEPTO DE IMAXE GALEGA NA ESTÉTICA DE VICENTE RISCO

€20,00
ISBN 9788412103946
Como teórico da Arte, Vicente Risco recolleu as maiores influencias artísticas da nacente modernidade. A súa figura funcionou como un catalizador dentro da cultura galega, impulsando diferentes ámbitos –dende a Arte até a Literatura– na cal se forxou un imaxinario atemporal galego entre el, Camilo Díaz Baliño e Ramón Cabanillas.

Cuestións como o simbolismo, o concepto de vangarda, a sinerxia entre a linguaxe visual e a literaria ou o poder da imaxe aparecen nas súas conferencias, artigos, libros ou cartas. Pero igualmente estilos artísticos –tanto históricos como contemporáneos–, referencias científicas, as viaxes ou a amizade exerceron unha rede que constituíu un Renacemento Galego que hoxe continúa emitindo unha vitalidade construtiva dende o humanismo galego para a cultura universal.

____

Editorial: Aira
Idioma: Castellano