Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A NOVELA DE VIOLETTE

€8,00
ISBN WP2532
Esta historia de sorprendente modernidade, A novela de Violette, combina o relato da iniciación sexual da protagonista cun home cos amores lesbios que descobre coa perversa condesa de Mainfroy, e a posterior relación desta con Florence, unha famosa artista lesbiana, un «sacrificio» que a condesa asume co fin de que Violette poida ter unha carreira teatral.

Esta historia de sorprendente modernidade, A novela de Violette, combina o relato da iniciación sexual da protagonista cun home cos amores lesbios que descobre coa perversa condesa de Mainfroy, e a posterior relación desta con Florence, unha famosa artista lesbiana, un «sacrificio» que a condesa asume co fin de que Violette poida ter unha carreira teatral. Malia algún que outro erro estrutural relacionado co punto de vista narrativo, poida que o máis rechamante do texto sexa o feito de estar escrito en primeira persoa por unha voz masculina que se comprace na descrición dos actos sexuais sáficos, mais que tamén posúe un fondo coñecemento destas prácticas e do corpo feminino.O título da obra lembra o da novela cortés de aventurasGirart de Nevers ou Roman de la Violette, composto por Gibert de Montreuil contra 1225, cuxo contido nada ten que ver co erotismo, o cal pon de manifesto certo ton irónico que se mostra tamén no tratamento humorístico co que o narrador alude aos clixés propios da literatura erótica. Cabería salientar os diálogos ateigados de exclamacións que reproducen xemidos de pracer, as acendidas epístolas, as referencias á mitoloxía, as precisas descricións do vestiario feminino e das reaccións físicas e psicolóxicas das personaxes e tamén as mencións a obras comoAntony (1840) de Dumas, Mademoiselle de Maupin (1891) de Théophile Gautier ou Thérèse philosophe (1748) de Boyer. Considérase que A novela de Violette posúe os trazos que caracterizan a literatura erótica dos séculos XVIII e XIX e abre as portas da que se publicará coa chegada do século XX, converténdose nunha ponte entre ambas as épocas.

____