«Aurora achegouse e abrazoume. Detrás dela había un grupo de mulleres. Presentoumas: ''Son a miña cuadrilla de cigarreiras. Traballamos xuntas na fábrica. Ti farás que soñemos mentres traballamos.'' Agora ese ía ser o meu oficio. O de nena lectora.»Entre finais do século XIX e comezos do XX a cidade da Coruña foi faro do pensamento libertario en Galicia. Os ateneos e as bibliotecas de barrio eran a porta de acceso á cultura das clases populares, a solidariedade obreira floreceu. Nas fábricas de tabacos e de mistos as traballadoras organizáronse para mellorar as súas condicións de vida. A lectura dentro das fábricas é o símbolo poderoso deste movemento de esperanza que se viu truncado a partir de 1936.«A nena lectora» é o segundo título da colección Pequena Memoria, para recuperar as voces silenciadas da historia.
______
Idioma: Galego