A NATUREZA AMEAZADA 2004
ISBN 9788495415976
Minucioso inventario da flora, da fauna e dos puntos de interese xeolóxico da Comunidade que están en perigo real ou potencial.
Esta monumental obra, editada por Ernesto Viéitez Cortizo e José Manuel Rey Salgado, realiza un minucioso inventario da flora, da fauna e dos puntos de interese xeolóxico da Comunidade que están en perigo real ou potencial. Máis alá do diagnóstico da situación, o estudo pretende constituír un marco de referenza que axude aos xestores a establecer prioridades na conservación da natureza galega ante as ameazas causadas polo desenvolvemento urbano, rural e industrial.
A perda xeneralizada da biodiversidade silvestre constitúe un problema global que afecta a todo o planeta. Unha resposta a esta deterioración levou á aparición da Bioloxía da Conservación como ciencia ao servizo da protección da natureza, co obxectivo fundamental de diagnosticar e previr as causas que a provocan. Galicia mantivo un patrimonio natural ben conservado, considerado como dos máis ricos do sudoccidente europeo. Malia a súa biodiversidade, como consecuencia do desenvolvemento socioeconómico sufriu unha progresiva e constante deterioración. Afrontar unha xestión realista co fin de paliar e conter tal detrimento esixe un primeiro diagnóstico, que é o que pretende o presente libro.
____
Editorial: Consello da Cultura Galega
Idioma: Gallego