Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A MORTE VÉN EN CHANCLETAS

€12,00
ISBN WP3741
Leopoldo Pardo, alias Leopardo, antigo vixilante xurado de centro comercial e antigo presidiario, é levado pola súa esposa ao pazo de Ribada, a unha fermosa estancia de turismo rural como premio a ter recobrado a liberdade logo de ser declarado inocente.

Leopoldo Pardo, alias Leopardo, antigo vixilante xurado de centro comercial e antigo presidiario, é levado pola súa esposa ao pazo de Ribada, a unha fermosa estancia de turismo rural como premio a ter recobrado a liberdade logo de ser declarado inocente.
Alí entrarán en contacto cun heteroxéneo grupo de persoas coas que vivirán a experiencia máis terrorífica e surrealista das súas vidas, alleos a que en calquera intre a morte pode chegar a eles vestida co primeiro que teña a man, digamos unhas chancletas.
Unha novela irónica, crítica e simbólica que quere homenaxear obras de Agatha Christie (Dez negriños) ou Edgar Allan Poe (Os crimes da rúe Morgue), baixo a peneira especial do autor; de fondo amor pola literatura e particular estilo. O autor: Escritor e mestre de lingua inglesa no ensino público de Galicia. Destacan súas novelas A vila das ánimas (Toxosoutos 2010), A habitación secreta (Toxosoutos 2012), Divina de la muerte: asasinato no centro comercial (Enxebrebooks 2013) e O sol do pasado (Urco 2014). No ensaio leva publicados A xanela escura (Urco 2011) e A xanela insólita (Urco 2013). Tamén participou en catro dos sete volumes de xénero fantástico da editora de Compostela Contos estraños, con relatos de realismo máxico e ficción científica, e en outras moitas obras colectivas. Tamén se sente oufano de dicir que se autoeditou nove obras dende o ano 2000 ata o ano 2009. Bóveda desexaría conxugar a transcendencia da literatura como arte cos matices interesantes e contextos que poden aportar xéneros populares como o policial, o terror ou a ficción científica. Que o consiga dirano os lectore

____