Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A MÍSTICA DA FEMINIDADE EN MAD MEN

€18,25
ISBN 9788411760485

Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2022 Este ensaio trata de desvelar as conexións entre a serie de TV Mad Men (AMC, 2007-2015) e o ensaio de Betty Friedan The Feminine Mystique (1963), texto clave da segunda onda do feminismo. Ambas as obras inciden no papel que desempeña a muller durante a década de 1960, no contexto da cultura de masas, coa sociedade de consumo, a publicidade e a televisión. Betty Draper, un dos personaxes principais da serie, representa o paradigma da mística da feminidade, pois amosa todos os síntomas das mulleres de clase media da época, consagradas aos labores domésticos a pesar de acadar os seus dereitos políticos e civís antes da 2GM. Abórdase tamén o estigma que supón o concepto de muller de carreira a través doutros personaxes, como Peggy Olson e Joan Holloway, para mostrar os diferentes niveis de dependencia dos convencionalismos sociais.


Editorial: Galaxia 06-2023

Idioma: Galego