Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A MENIÑA DE LIBROS

€14,00
ISBN 9788493935092

Unha meniña navega no seu barquiño a través dun mar de palabras, chega á casa dun neno e pregúntalle se quere unirse a ela nunha aventura. Por bosques de contos de fadas e a través das montañas de fantasía, as dúas viaxan xuntas nunha xornada fantástica que abre a imaxinación do neno.

Agora ten fronte a el unha vida de maxia e aventura… Pero quen será o próximo? Combinando imaxes de Oliver Jeffers e paisaxes tipográficas de Sam Winston elaboradas con fragmentos de contos clásicos e cancións de berce tradicionais galegas,

A meniña de libros é un poema visual en prosa abraiante que nos abre as portas ás recompensas da lectura e da importancia de compartirmos historias.

É unha experiencia de lectura inmersiva e inesquecible que as lectoras van querer transmitir aos demais.

_____

Editorial: patasdepeixe
Idioma: Galego