A maxia da terra é a obra máis senlleira de Isabel Elena Peleteiro Vázquez. Unha mirada á recuperación da memoria en feminino. Xusto homenaxe ás mulleres que saíron cara América. A novla mestura poesía, narrativa e ensaio. Nela técense as historias de vida de varias mulleres portadoras dunha arqueoloxía de saberes. O porto de La Guaira é o comenzo da súa metamorfose Que alicerces as motiva a saír Como ían naquelas travesías Como foron os retornos cara Galicia Con cales xeitos de ver o mundo se identifican As arqueólogas abren as portas á memoria e a identidade dun capítulo da historia de Galicia.
_____
Editorial Again: 09-2024
Idioma: Galego
Páxinas: 167