Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A LÚA E SEIS PENIQUES

€15,50
ISBN 9788494971372
O narrador en primeira persoa, un aspirante a escritor, seguirá os pasos de Charles Strickland, un anódino axente de cambio residente en Londres que se revela como un home túzaro, egocéntrico e obsesivo; así, unha vez que decide facer da pintura a súa razón de ser, Strickland non vacilará en renunciar á súa vida acomodada e principiar, con inusitada intrepidez, unha desconcertante aventura lonxe de Inglaterra.

A presente obra, publicada orixinalmente en lingua inglesa en 1919, é asemade unha sátira dos costumes eduardianos e vitorianos e unha novela inspirada na vida do pintor francés Paul Gauguin, sempre consonte a versión extrema e mitificada que del trasladou a prensa da época e os testemuños que deron conta do particular carácter do artista, no cal confluían virtudes e graves eivas; entre estas últimas, algunhas verdadeiramente notables, por exemplo a soberbia, un egoísmo extremo e certos comportamentos violentos e abusivos. Adaptada ao cinema, á televisión, ao teatro e á ópera, A lúa e seis peniques está considerada un dos cumios na extensa produción do británico W. Somerset Maugham, a historia do xenio que o sacrifica todo, que renuncia ás posesións materiais e deixa de lado os convencionalismos da existencia para se dedicar á contemplación da beleza.        

____

Editorial: Hugin e Munin
Idioma: Gallego