Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A IRMANDADE DA UVA

€16,00
ISBN WP2249
A irmandade da uva, igual ca o resto da obra de John Fante, non obtivo de primeiras nin a repercusión nin o éxito que, como cabe imaxinar, o autor italo-americano lle desexaba.

Foi décadas máis tarde, grazas ao feito de que Charles Bukowski o amentase como referencia fundamental e dese en demostrar a admiración pola súa obra, cando gañou dunha sentada milleiros de lectores, e esta novela, a última escrita da súa man (antes de morrer publicaría outra que lle ditou á muller por mor da súa cegueira), tornou en texto fundamental para entender a traxectoria de quen adoita ser cualificado como precursor do realismo sucio.Narrada cun estilo directo e escasos enfeites estilísticos, a voz narrativa de Henry Molise, o alter ego de Fante, aborda a súa historia familiar cunha mirada adoito retrospectiva. Deste xeito, o autor trata, máis unha vez, os temas que máis o obsesionaban, coma tal, a pobreza, a incomunicación, os conflitos familiares, o peso abafante do catolicismo ou as dificultades para se facer un nome no mundo das letras. Así mesmo, cómpre non esquecer que a escrita supuña para Fante, en certa maneira, unha válvula de escape, pois malia a pátina de ficción que forzosamente imprimía ás súas creacións, non renuncia á carga autobiográfica que deita no seu personaxe protagonista, isto é, un pai alcólico, a fuxida da casa na mocidade, as penurias e os axustes de contas literarios, a redacción de guións cinematográficos, algunhas das experiencias amorosas e sexuais que viviu ou as súas orixes italianas.

____