XLI Premio Blanco-Amor de Novela 2022.
O Golpe, xa ancián, recorda a súa adolescencia, na década do 1940 en Pazos de Arenteiro. O tempo que compartiu coa doutora África Cons cando ela chegou para cubrir unha vacante de médica e tivo que enfrontarse á hostilidade das forzas vivas do lugar.
Retrato vívido dunha época da Galicia rural que xa se extinguiu. A tensión entre tradición e progreso a través da Medicina. Drama e humor ben conxugados cunha prosa rica que se asenta nas mellores letras da nosa tradición.
____
Editorial: Aira 03- 2023Idioma: Galego