Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

A HONRA E OS CARTOS

€13,00
ISBN 9788412128031

A acción enmárcase nunha vila da illa de Corfú e céntrase na relación amorosa que manteñen Andreas e Rini, a cal transgride os usos sociais –ao ser el fillo dunha ilustre estirpe vinda a menos, e ela a primoxénita dunha familia humilde– e se ve pexada polo egoísmo e os intereses creados. Nese sentido, adquire unha especial relevancia a enérxica caracterización da personaxe da señora Epistimi, nai da moza, quen entre sacrificios e penurias saca a familia adiante: tres fillas e un esposo borrachón; ademais da personalidade da propia Rini, cuxa afouteza irá in crescendo até derivar nun sorprendente desenlace.

Theotokis, renovador xunto a Papadiamandis e Viziinos da prosa grega moderna, abre nesta novela dúas liñas principais de denuncia: contra a opresión á cal as clases dirixentes someten as clases populares, feito reflectido aquí nunha trama corrupta a nivel político, e a pretensión –contraria ao humanismo– de manter ou acadar un status socioeconómico elevado, a calquera prezo e á conta das mulleres.

A honra e os cartos, publicada en grego nos albores do século XX, supón un cambio notable respecto á liña folclorista da literatura helénica predominante daquela. Esta obra, con trazos naturalistas, afástase do carácter bucólico e opta por presentar con absoluta crueza a idiosincrasia dun colectivo nun contexto periférico con respecto aos centros de poder.

____


Editorial: Hugin e Munin
Idioma: Gallego