Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A GARZA INSOMNE

€14,00
ISBN WP4663
Nove obras literarias Este volume reúno os relatos -finalistas e gañadores- do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía entre os anos 2013 e 2015.

Nove obras literarias que, como un presente, chegan a nós tan diversas como cativadoras. No seu interior discorren paixóns e gozos dignos de ser descubertos: a brutalidade da guerra, a vaidade intelectual, o peso da culpa, a frustración amorosa, as profesións máis sanguinarias, a vinganza, a felicidade imposible, estraños crimes, difíciles decisións, o verdadeiro e o falso coñecemento, o costumismo máis rico e en xeral as enerxías telúricas que nos moven, inexorablemente, a continuar vivindo. Todo isto reunido baixo a imaxe dunha garza insomne... Por que? Porque a obra literaria, en esencia, non é outra cousa que unha proposta de harmonía perante o caos, unha incesantemente nova interpretación o mundo, o diversos reunido no único, coma se esa moura ancestral que preside desde sempre os nosos castros nos enviase un animal tan sabio que coñecese cada historia do mundo, un animal viazxeiro que todos os pobos veneran e que vela por nós desde os nosos encoros e ríos.

____