Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A FAIA DE PONTO

€20,00
ISBN 9788412286755

No bosque artúrico de Brocelianda, en Paimport (Bretaña) aínda hoxe podemos contemplar a faia de Ponto. Conta unha lenda que foi Ponto, le Roi de la Galice, quen plantou esta faia, outra asegura que a árbore é o propio Ponto, convertido nela tras a súa morte. Partindo do roman medieval francés de finais do XIV Ponthus et la belle Sidonie, Alba Cid e Estevo Creus emprenden unha orixinal relectura poética que, deconstruíndo e ramificando o relato mítico, fai tremer as visións tradicionais do heroe e trae ás areas do presente o fondo cultural do mundo artúrico, lembrándonos a vitalidade do Reino de Galiza como referente na Europa medieval. Coa máxima liberdade creadora, os poemas de A faia de Ponto. Le Roi de la Galice devolven a voz aos personaxes da orixinaria novela en verso, conseguindo que transmitan unha cotiandade moderna sen renunciar ao seu sino histórico. As iluminacións realizadas en exclusiva para a presente edición son obra da artista lisboeta Maria Joâo Worm.

Proxecto gañador do Fondo de proxectos culturais do Reino de Galicia 21-22 da Cultura da Deputación da Coruña


____

Editorial: ACONTRAL FOLQUE 11-2022
Idioma: Castellano

También te podría interesar...

  • O LIBRO E O TAPIZ

    Paz, Xabier
    €19,50

    Entre os séculos XI e XII as figuras da raíña Urraca I e do arcebispo Diego Xelmírez enchen un tempo decisivo na nosa historia. Daquela, Galiza foi...

    Ver todos os detalles
  • O HEROE

    O HEROE

    Manuel Rivas
    €19,95

    Arturo Piñeiro, alias Caronte, ex lexionario, ex boxeador coñecido como Robinson, atende a barra de La Boîte de Pandora, un bar portuario, onde se ...

    Ver todos os detalles
  • O TEATRO NAS IRMANDADES DA FALA

    Laura Tato Fontaiña
    €12,00

    Esta antoloxía pretende achegar a un público o máis amplo posíbel as obras máis representativas do teatro escrito, e representado, polas Irmandades...

    Ver todos os detalles
  • URDA

    Quico
    €14,00

    URDA é o título do segundo libro de Quico, un explorador das linguaxes expresivas difícil de clasificar no panorama poético galego actual. Con este...

    Ver todos os detalles
  • QUEN NON TEN UN AVÓ FASCISTA?

    Inma López Silva
    €23,65

    Hai unha memoria do 36 que é tamén a da retagarda, a dos sorprendidos, a dos que non lograron ser heroes, a dos oportunistas de supervivencia. Ese...

    Ver todos os detalles