Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A ESCOLA ROBOT

€12,95
ISBN 9788411106696

Que pasaría se un día a famosa corporación Piña te convida a estudar na misteriosa Escola Robot E se a escola está nunha illa móbil Pódese crear un robot con forma de gato Existen as pantasmas con calzóns de cocos Pode unha nena que está nun hospital ir á clase a través do seu avatar robótico Que lle pasa a unha caixa cando vai ao ximnasio Farase... Mmm... caixa forte Moitas preguntas sen resposta! Terás que ler este libro para descubrir todo iso e máis! Unha divertida aventura tecnolóxica contra o Robot Maligno, que pon en valor a amizade, o traballo en equipo e a importancia da ecoloxía.

Anxo Fariña

É escritor, ilustrador e director de Arte, e compaxina o traballo creativo co contacto directo cos seus lectores, que comprenden un amplo espectro debido á súa variada obra. Ten participado en Salóns do Libro, obradoiros de ilustración, conferencias sobre creatividade e pedagoxía ou en campañas de promoción do galego para a Xunta de Galicia, como «Graffiti e letras», «Creando historias con Anxo Fariña» e «Ti creas a historia». Tamén é docente nos graos de Deseño Gráfico e en Belas Artes. Ademais de ler, gústalle escalar, o deseño, os robots, facer snowboard, os videoxogos, os reloxos, correr... É autor dos libros da exitosa serie «Os Megatoxos» (que leva sete títulos publicados) e das novelas infantís «A chave da Atlántida» (Premio Merlín de Literatura Infantil 2011 e Premio Frei Martín Sarmiento 2013), «Os ecos do lume» (2019) e «A Escola Robot» (2025). Publicou tamén a serie «Gliz» para primeiros lectores (2017), así como as novelas «Horizonte de sucesos» (2016) e «4 xinetes» (2017).

____

Editorial: Xerais 05- 2025
Idioma: Galego
Páxinas: 152
INFANTIL: A PARTIR DE 9 AÑOS
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN