Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A CORUÑA ANOS 30

€11,50
ISBN 9788416460403

12 fotografías da cidade durante a IIª República.

Estoxo de 12 postais plastificadas mate. Formato 21 x 13 cms.

fotografías da cidade da Coruña obtidas na época da IIª República, editadas e comercializadas neses anos polo fotógrafo Luciano Roisin (París, 1884-Barcelona, 1943), rescatadas agora en formato de postais de gran tamaño (21 x 13 centímetros) e presentadas nun estoxo de novo deseño.

A Coruña anos 30 reúne 12 singulares panorámicas da cidade. Sabemos que estas fotografías foron obtidas arredor do verán de 1932 porque nunha delas aparece, no Cantón Grande, o Teatro Linares Rivas (fermoso edificio modernista de 1920 derrubado en 1937) co anuncio na súa carteleira da estrea na cidade da zarzuela Katiuska. La mujer rusa, primeira obra lírica de Sorozábal, que actou na Coruña o venres 22 de xullo de 1932.

Outras imaxes mostran a nova nomenclatura urbana do novo réxime, como é o caso da Avenida da República (actual Avenida da Mariña) ou tamén homenaxes a republicanos ilustres como Emilio Castelar, quen fora un dos presidentes da Iª República e que deu nome, dende finais do XIX ata 1937, á rúa de Castelar, actual Rúa Nova.

Outras fotografías recollen momentos especiais do verán como o intre do baño nunha irrecoñecible Ría del Pasaje, actual Ría do Burgo; un animado día de praia en Riazor, ou os inicios da Ciudad Jardín –esa idea pioneira de barrio humanizado onde se alzaban preciosas casas unifamiliares–. A rúa Real, a Dársena ou Juana de Vega completan esta viaxe pola Coruña da República.

A Coruña anos 30 é a terceira serie de fotografías históricas da cidade rescatadas por Alvarellos Editora. En 2016 foi A Coruña Anos 20 (12 imaxes) e en 2018 A Coruña anos 20 (II), con oito imaxes inéditas, todas elas do editor Luciano Roisin.

    _____

    Editorial: Alvarellos
    Idioma: Galego