A CONSTRUCIÓN DA IDENTIDADE E OUTROS TRABALLOS DE HISTORIA
A construción da identidade é un ensaio no que o autor reflexiona, desde o punto de vista da historia, sobre temas de grande actualidade, como a construción histórica da identidade, os problemas da representatividade política e o progreso social, a globalización, as migracións e a transición política no Estado español. Sobre estes temas, o autor ofrece unha visión crítica e desmitificadora que convida a repensar a interpretación canónica, grazas a unha visión superficial dos problemas do mundo actual, en amplos sectores da sociedade.
O libro denuncia os efectos negativos que ten para millóns de cidadáns o proceso de globalización impulsado pola case totalidade dos gobernos do planeta, e realiza unha lectura suxestiva e crítica da transición española.
_____
Editorial: Laiovento 2007
Idioma: Galego