Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

A CHAIRA

€22,00
ISBN 9788409134830
Escollida por ser unha obra de autor que conta unha historia desacougante, dramática e desconcertante, con paisaxes que semellan pinturas e narración visual potente que combina a imaxe e a mensaxe. Gañadora da Gala do Libro Galego: Libro de banda deseñada. 

Aínda que hai case unha década que a elaborou, é a coincidir co Viñetas desde o Atlántico desde 2019 que ve a luz a máis recente novela gráfica de Antonio Seijas. A Chaira sae publicada da man da libraría Alita Cómics nun duplo lanzamento en galego e en castelán con preto de 90 páxinas a cor. O autor apunta que a obra é unha "pequena fábula" na que o contorno ten máis peso que os propios protagonistas da historia. "A chaira é un estado mental, un estado do espírito, onde os silencios son tan importantes como as palabras e a paisaxe é a verdadeira alma da historia". O posto de bibliotecas do festival coruñés acolle este xoves 8 de agosto a presentación da obra, na que o autor estará acompañado do libreiro Juan Carlos Sanmiguel e da bibliotecaria Fátima Elías.  

____

Editorial: ALITA
Idioma: Gallego