Con dezasete anos, Xeila ve o seu mundo escachar en anacos: a separación dos pais, as dúbidas sobre a súa vocación profesional, as inseguridades físicas…
II Premio Viadutos 2019
E por riba, o traslado familiar de Ourense a Rianxo, onde terá que comezar de novo, onde terá que rachar coas inercias psicolóxicas do pasado e buscar iso que o seu profesor de Filosofía consideraba a función básica do ensino: unha mirada propia sobre o mundo e sobre as relacións humanas que nel se establecen. Esa é a maior aventura que se pode vivir na adolescencia, e Xeila empréndea, para sorpresa do profesorado, da súa nai e das súas amizades, incapaces de comprendela. O seu comportamento estraño, contraditorio, mesmo delitivo, é un reto que se impón a partir do pensamento de Nietzsche, estudado nunha das clases de Filosofía: construíde a vosa casa ao lado dun volcán. Un volcán que acabará modificando non só a vida de Xeila, senón a de todas as persoas que a presencian, e mesmo son sacudidas pola súa erupción. Xosé Ricardo Losada (Rianxo, 1961) é profesor de Filosofía no Instituto Félix Muriel de Rianxo. En 2005 publicou o libro de relatos O xene da chuvia. Tamén é autor de Dez anos de poesía. Premio Faustino Rey Romero (2008) e de Faustino Rey Romero: obra poética e teolóxica (2013), libro sobre a obra completa do crego poeta. Resultado deses traballos de investigación, deu ao prelo a biografía Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo (2015) e en 2018 Manuel Antonio. Vida e misterio dun poeta galego. A súa primeira novela, Bótame deste mar fóra, saíu á luz en 2017. Con A casa xunto ao volcán gañou o Premio Viadutos de Novela 2019.
Idioma: Gallego

____
Editorial: GalaxiaIdioma: Gallego