Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

A BATALLA DE OCCIDENTE

€17,00
ISBN 9788416721481
No centenario do Tratado de Versalles, unha novela en clave histórica e política sobre a cerna da Gran Guerra en Europa: unha carnicería sen precedentes que levou a todo un continente ata o bordo do abismo.

ÉRIC VUILLARD
Lyon, 1968 Escritor especializado en novelas históricas e cineasta. É autor da novela Conquistadors (Premio Ignatius J. Reilly 2010), sobre o imperio inca e a colonización de Perú. Tamén escribiu La Bataille d'Occident e Congo, ambientadas na Primeira Guerra Mundial e na colonización de África, respectivamente; por ambas obras recibiu os premios Franz-Hessel 2012 e Valery-Larbaud 2013. Outro dos seus maiores éxitos editoriais foi Tristesse de la terre (Premio Femina 2014) en torno á figura de Buffalo Bill e a conquista do Oeste. Recibiu o Premio Alexandre-Vialatte 2017 por 14 Juillet, coa toma da Bastilla como telón de fondo. Dirixiu as películas L'Homme qui marche e Mateo Falcone. O Premio Goncourt que obtivo por A orde do día está considerado un dos galardóns literarios máis importantes de Francia. Malia que a súa dotación ascende a uns simbólicos 10 euros, ten moita repercusión internacional.  

____

Editorial: Kalandraka
Idioma: Gallego