A ARTE CONTEMPORÁNEA E O TRABALLO POR PROXECTOS
Reflexións e propostas para converter a arte contemporánea nunha ferramenta educativa.
Este conjunto de escritos heteroxénos pretende promover el arte contemporáneo como un ferramente máis para utilizar na aula. A través de distintas experiencias ligadas a educación e mediación da arte proponen un achegamento que axude a creación dunha mirada crítica, buscando a través de la metodoloxía, do trabajo por proyectos, que nas aulas de secundaria e primaria podan utilizar de xeito transversal al arte contemporáneo. Dende a fotografía, os libros de artista, a performance eo audiovisual, podemos achegarnos ao táctil, a paisaxe, arquitectura, antropoloxía ou socioloxía para entrenar a mirada (e os outros sentidos) e propiciar nos estudantes a creatividade ea mirada crítica sobre a contorna.
“A arte contemporánea abrangue unha pluralidade de ámbitos e temáticas e constitúe un contexto óptimo para exercitar a mirada crítica sobre a nosa sociedade”. Esta idea constitúe o punto de partida do libro A arte contemporánea e o traballo por proxectos. Propostas dende a docencia, no que a profesora da Facultade de Deseño Silvia García reúne un conxunto de reflexións e propostas sobre como a arte pode converterse nunha ferramenta para traballar nas aulas “de xeito transversal e interdisciplinar”. Editado polo Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo, o libro aborda como a arte pode ser o vehículo para promover entre as e os escolares unha reflexión sobre a súa contorna, natural e social, converténdoos en “protagonistas da súa aprendizaxe”.
“O obxectivo é achegar algunhas ideas para o traballo coa arte contemporánea nas aulas de primaria e secundaria”, sinala García, “No libro falo da perfomance, da natureza, do táctil, da arte e o deseño...”, engade a autora dunha publicación que tivo como punto de partida “unha serie de escritos feitos ao longo dos anos”, que parten das súas experiencias como profesora e investigadora na Facultade de Belas Artes e do seu traballo no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). Nese senso, esta monografía está conformada por dez capítulos independentes, que se completan cunha serie de propostas “sobre como podería iniciarse un debate na aula e traballar por proxectos”, así como cun conxunto de fotografías “pensadas para suxerir e acompañar os contidos”.
Conexión coa contorna
“Un dos asuntos que me preocupaba é a pouca relación co territorio máis próximo”, sinala García, que fronte ao traballo con materiais didácticos “xenéricos”, avoga polo desenvolvemento de aprendizaxes que vinculen aos escolares coa súa contorna. De aí que un dos capítulos reúna propostas coas que analizar a “paisaxe cultural” de vilas e aldeas, mentres que noutro aborda como promover unha reflexión sobre os modelos de vida e os espazos públicos das cidades. Nesa mesma liña, outro dos artigos céntrase no traballo do artista conceptual Antoni Muntadas, que “analiza o contexto social no que se insire o seu traballo dende unha perspectiva transnacional”. García detense tamén no traballo con fotografía doméstica ou de arquivo, como fonte para reflexionar sobre “sobre as distintas maneiras de observar o mundo” e “construír novas narrativas”.
Outro dos apartados conecta a arte coa artesanía, para logo centrarse nas texturas e na percepción a través do tacto, facendo balance da experiencia que supuxo Proxecto táctil, que reunía unha serie de obras dirixidas a ser percibidas a través das mans. O libro detense tamén nas conexións entre a arte e o deseño, que “implica unha análise da sociedade e das nosas nececesidades”. Faino a través da figura de Isaac Díaz Pardo e dalgúns dos materiais compilados por García para a exposición que comisariou en 2019 na que hoxe é a Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes.
De consumidores a creadores
Varias das propostas recollidas neste libro poñen o foco en como a arte contemporánea pode fomentar unha “mirada crítica” nas e nos escolares e “axudalos a que sexan creativos e non só consumidores pasivos”, como sinala García. Con esa idea, un dos artigos céntrase na experimentación audiovisual e en como nenos e nenas poden pasar “de espectadores pasivos a construtores de imaxes”. A monografía aborda tamén o uso da perfomance coa infancia e a mocidade e detense “nun terreo pouco explorado nas aulas” como é a experimentación con libros de artista e libros obxecto. Así mesmo, outro dos capítulos céntrase na creación de personaxes, con propostas que abranguen de analizar as posibles conexións entre protagonistas de videoxogos e figuras mitolóxicas, así como traballar na creación de historias.
___
Editorial: UVIGO 12-2023Idioma: Galego