Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A ADULTEZ É UN MITO

€12,00
ISBN 978841979585

Estás por riba do ben e do mal?
Pásalo ben facendo contactos para avanzar na túa carreira?
A vida adulta é un reto emocionante para o que te sentes completamente preparada?
Agh. Lisca.

Este libro é para o resto de nós. Estes cómics documentan como estragar marabillosas fins de semanas en internet, a inaturable agonía de ir da man pola rúa con quen che gusta, o desexo de chegar á casa para poñer o pixama e a cuestión de cando comeza exactamente iso de facerse maior. Dito doutro xeito, os horrores e incomodidades da vida moderna para a xente nova.

Sarah Andersen (1992) é unha ilustradora e debuxante de cómics estadounidense que se popularizou en internet cos cómics Sarah’s Scribbles, que comezaron a publicarse en papel en 2016.
Andersen colaborou co novelista Andy Weir na novela gráfica Cheshire Crossing, en 2019. A finais dese mesmo ano comezou un webcomic sobrenatural chamado Fangs, que tamén tivo versión en papel. O seu libro Cryptid Club (2022) foi nominado a dous premios Eisner.

Traducido por Clara Barcia González

____

Editorial: Rinoceronte 11-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 112
CÓMIC
FICCIÓN, NARRATIVA
HUMOR
AMIZADE
AUTOBIOGRAFÍA
VIDA ANIMAL