Narración na que se contrapón a vida de Tareixa e Lola e as vicisitudes ás que se viron sometidas.
Tareixa encamíñase cara ao que podería ser unha nova relación afectiva e non hai nada que faga máis feliz á súa avoa Lola que vela saír do pozo no que levaba afogando tanto tempo. Mentres a ve marchar, acórdase das moitas veces que Tareixa lle dixo que tiña que escribir a historia da súa vida, para que nada se perda, e as imaxes abrochan ata onde tiña idade para lembrar. Lola naceu en Ordes en 1918, o ano da pandemia, como se fose unha premonición do que o destino lle tiña preparado, pero as penurias comezaron para ela cando, con oito anos, a levaron para a casa da súa tía, a gardar unha herdanza que lle custou moita suor e moitas bágoas. Logo, coa Guerra Civil, chegaron os tempos máis duros, pero ela sempre foi unha muller loitadora e soubo tirar para adiante e aproveitar as poucas oportunidades que a vida lle deparou, entre elas a de poder ser unha muller independente, iso polo que Tareixa tanto a admira. Ao longo do seu relato, Lola vai facendo continuas referencias á vida de Tareixa, unha Tareixa que, como a súa avoa, bota a vista atrás e rememora os seus primeiros anos en Merelle, a vida de estudante en Santiago, e, sobre todo, os amores e desamores que a levaron ao límite do infortunio. Pero alí estaban as mans que nunca a deixaron caer, especialmente as súas, as da Madriña: o faro, o niño ao que regresou para tentar reconstruír a súa identidade.
Idioma: Gallego

____
Editorial: Edicións FervenzaIdioma: Gallego