Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

1Q84 LIBRO 3

€24,10
ISBN 9788498653892

Logo da publicación dos Libros 1 e 2, moi ben recibidos entre as lectoras e os lectores galegos e con excelentes críticas no noso país, volven Aomame e Tengo, desta vez na compaña do detective Ushikawa. Haruki Murakami continúa a historia de Aomame, que, despois de asasinar o líder da seita Vangarda, refúxiase nun apartamento agochado mentres conserva a esperanza de reencontrarse con Tengo, o outro protagonista da novela. A narración desenvólvese á vez en dous mundos imbricados, o de 1984 e o de 1Q84 -en xaponés, Q e 9 pronúncianse do mesmo xeito-, un universo singular, de noites iluminadas por dúas lúas, que absorve e imita a realidade, que a fai súa. Con motivo da publicación de 1Q84 Libros 1 e 2 en Francia, a novelista Amélie Nothomb, autora de Un nome de dicionario (Galaxia, 2003), escribiu no xornal Le Monde: "Haruki Murakami crea universos dos que unha queda prsioneira. O autor convida [...] a que os lectores poñan toda a súa atención nos elementos máis pequenos da narración para que cada un deles xogue o papel de interface. Pois o miolo da literatura de Murakami é ese: establecer conexións entre o noso mundo e outro universo [...] Outra volta, o encantamento funciona: quedamos absortos nunha lectura que ten un aquel de manga e de ucronía mais tamén, e sobre todo, quedamos engaiolados por unha atmosfera que só pertence a Haruki Murakami."Na terceira e última parte de 1Q84 Murakami continúa a historia de Aomame e Tengo


Editorial: Galaxia 10-2011

Idioma: Galego