Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

1968 EN COMPOSTELA: 16 TESTEMUÑOS

€18,00
ISBN 9788498872910

Este libro sitúa de cheo o lector naquel tempestuoso curso académico 1967-68. Momentos de movementos e mobilizacións estudantís que removeron a Universidade de Santiago de Compostela e sacudíndoa fixeron tamén tremer ao país. ¡Santiago era o marco ideal para aquel movemento que cambiou Galicia moito máis do que a historia convencional transmitiu á xente, pois cambiou as elites universitarias de toda unha xeración... De aí saíron novos movementos sociais e novos partidos de carácter progresista e moitos deles autóctonos, nacionalistas. A través destes 16 testemuños, das súas vivencias e das súas vidas fálase de personaxes, grupos organizados, facultades, mulleres, nacionalismo, comunismo, acción cultural, visión e misión relixiosas, clubs de cine e voces que se sentían ceibes e facían sentir ceibes ás voces que naquel momento non o eran. Todo un emerxer e remexer de inquedanzas e ansias de liberdades mutiladas que sitúan a Santiago entre, como se ten dito, as «vedetes de Europa».

 

____

Editorial: USC

Idioma: Galego