Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

1939: “LA GUERRA HA TERMINADO”... HACE SESENTA AÑOS, EN VIGO

€20,00
ISBN 9788489599149
O libro pretende facer memoria dos feitos que dividiron con paixón a aqueles que a necesidade ou o azar colocou en bandos diferentes na cidade de Vigo nos anos da guerra civil. Esta é unha historia para a que o autor contou con testemuñas, moitas testemuñas, e os seus testemuños axudan ó lector a comprender mellor o que sucedeu.

 Pasarán diante dos ollos do lector “roxos” e “nacionais”, “republicanos” e “franquistas”, na dobre linguaxe daquel momento do noso pasado non tan pasado, testemuñas sen nome que dende a beirarrúa dalgunha rúa, seguramente “rebautizada” para maior gloria da “España nacional”, dende a fiestra ou a porta da súa casa ou dende a escola, asexaban e vían o que estaba pasando ante os seus ollos, cegados nalgúns casos polo entusiasmo, e noutros, domeados polo medo.
 

____

Editorial: Instituto de Estudios Vigueses
Idioma: Castellano