Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

GUÍA DE PADRÓN

€13,90
ISBN 9788416460540
Camino de Santiago, cultura, arte e gastronomía. Padrón é o epicentro das tradicións que deron orixe ao Camiño de Santiago.

A guía que tes nas túas mans levarache por este rico patrimonio. Ademais, descubrirás que Padrón ofrece grandes atractivos: os edificios nobres e a arte do seu milenario centro histórico; as casas fundadoras de dous escritores únicos: Rosalía de Castro e Camilo José Cela; unha gastronomía liderada polos pementos de Herbón-Padrón e a senlleira lamprea (un peixe de 500 millóns de anos). Ademais, os seus sedutores espazos naturais, bañados polos ríos Sar e Ulla, e as súas animadas festas, que non debes perder. Máis de cen fotografías e planos explicativos ilustran esta nova proposta. Esta é a guía que faltaba para que todas as persoas, sexan peregrinas, viaxeiras, visitantes ou veciños, descubran e gocen de Padrón. Manuel Garrido Rivero (Segovia, 1964). Historiador e peregrino. Vive en Padrón desde 1992. É autor de libros e artigos relacionados co Camiño de Santiago. Escribiu a primeira guía práctica do Camiño Portugués (2004) e a Guía práctica da Ribeira Sacra (1ª edición en 2008 e segunda edición revisada en 2017). Participou na redacción da Gran Enciclopedia do Camiño de Santiago. Dicionario de cultura xacobea (2010). Foi director da Asociación Galega de Amigos de Camiño de Santiago (AGACS). É socio fundador da Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago (FICS).


____

Editorial: Alvarellos
Idioma: Castellano