Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

GALAICOS. UN PUEBLO ENTRE DOS MUNDOS

por VV.AA.
€24,00
ISBN 9788416460472
O noroeste da península ibérica é unha das zonas de España con maior densidade de xacementos arqueolóxicos. 2000 anos de historia de Galicia a través de 20 emblemáticos xacementos. 160 ilustracións e fotografías, xunto con fichas didácticas das excavacións. Perspectivas aéreas nunca antes vistas, obtidas por medio de drons.

O noroeste da península ibérica é unha das zonas de España con maior densidade de xacementos arqueolóxicos. Esta guía, coeditada por Alvarellos Editora e a Deputación de Pontevedra, mostra 2.000 anos de historia de Galicia –dende a Idade de Bronce ata o primeiro cristianismo– a través de vinte emblemáticos xacementos, ubicados na provincia de Pontevedra. Galaicos, un pobo entre dous mundos ofrece un amplo e atractivo despregue gráfico, que inclúe 160 impactantes fotografías e ilustracións, con textos e fichas elaboradas polas arqueólogas e arqueólogos que traballaron nas escavacións: Rafael Rodríguez, Antoni Nicolau, Xurxo Ayán, Diego Piay e Mª Luisa Castro. Eles levarannos a coñecer, de primeira man e de xeito didáctico, a enorme riqueza deste patrimonio cultural único. A guía inclúe un percorrido polos xacementos de A Cabeciña, Penalba, Santa Trega, A Lanzada, Monte do Facho, Monte do Castro, Alobre, Castrolandín ou Adro Vello, entre moitos outros. Apórtanse os resultados das máis recentes investigacións, que sitúan a Galicia, na prehistoria, coma ponte entre o Atlántico e o Mediterráneo, e perspectivas aéreas nunca antes vistas, obtidas por medio de drons. Esta guía lánzase ao mercado coincidindo coa exposición homónima itinerante que se inaugura en Madrid, no Museo Arqueológico Nacional, no outono de 2018, promovida pola Deputación de Pontevedra. Esta guía, coeditada por Alvarellos Editora e a Deputación de Pontevedra, mostra 2.000 anos de historia de Galicia –dende a Idade de Bronce ata o primeiro cristianismo– a través de vinte emblemáticos xacementos, ubicados na provincia de Pontevedra. Galaicos, un pobo entre dous mundos ofrece un amplo e atractivo despregue gráfico, que inclúe 160 impactantes fotografías e ilustracións, con textos e fichas elaboradas polas arqueólogas e arqueólogos que traballaron nas escavacións: Rafael Rodríguez, Antoni Nicolau, Xurxo Ayán, Diego Piay e Mª Luisa Castro. Eles levarannos a coñecer, de primeira man e de xeito didáctico, a enorme riqueza deste patrimonio cultural único. A guía inclúe un percorrido polos xacementos de A Cabeciña, Penalba, Santa Trega, A Lanzada, Monte do Facho, Monte do Castro, Alobre, Castrolandín ou Adro Vello, entre moitos outros. Apórtanse os resultados das máis recentes investigacións, que sitúan a Galicia, na prehistoria, coma ponte entre o Atlántico e o Mediterráneo, e perspectivas aéreas nunca antes vistas, obtidas por medio de drons. Esta guía lánzase ao mercado coincidindo coa exposición homónima itinerante que se inaugura en Madrid, no Museo Arqueológico Nacional, no outono de 2018, promovida pola Deputación de Pontevedra.


____

Editorial: Alvarellos
Idioma: Castellano

También te podría interesar...

  • GALICIA-BRETAÑA OLLADAS COMPARADAS

    GALICIA-BRETAÑA OLLADAS COMPARADAS

    VV.AA
    €20,00

    Galicia e a Bretaña están marcadas, como xa viron os autores clásicos, por moitas semellanzas xeográficas e culturais. Son terras altamente romaniz...

    Ver todos os detalles
  • A GAITA GALEGA

    Pintos, Xoán Manuel
    €20,60

    A gaita gallega tocada polo gaiteiro, ou sea carta de Cristus para ir deprendendo a ler, escribir e falar ben a lengua gallega, e aínda máis é o pr...

    Ver todos os detalles
  • GALICIA LATENTE. A GALICIA DO PRESENTE

    Eduardo de Martís
    €30,00

    A cultura é aquilo que chamamos "nós". Galicia latente é un estudo-libro de recollida e divulgación fotográfica da cultura galega (seguramente o ún...

    Ver todos os detalles
  • OBRAS CASTELAO T.IV

    OBRAS CASTELAO T.IV

    Castelao
    €29,15

    Materiais en parte inéditos para achegarnos á faceta de orador de Castelao. A edición deste libro supón a reunión de materiais esenciais para descu...

    Ver todos os detalles
  • VIAXEIROS POR GALICIA

    VIAXEIROS POR GALICIA

    Librería Abrente
    €21,00

    Galicia e a súa paisaxe, as súas xentes, caracteres e costumes, a riqueza monumental e artística xunto ao seu desenvolvemento social e económico ou...

    Ver todos os detalles