Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

50 LUGARES MAXICOS DE GALICIA

€17,00
ISBN 9788412117103

Augas, pedras, árbores, igrexas e outros lugares considerados desde tempos remotos como sagrados son algúns dos enclaves que invita a coñecer este libro, pensado como unha viaxe polos mitos, ritos e crenzas de Galicia. O autor guíanos a través de relatos lendarios, testemuños de primeira man, datos históricos e abundantes fotografías por unha ruta que se pode percorrer lendo as páxinas comodamente nun sofá ou levando este libro no bolso e visitando cada un dos emprazamentos propostos. Para conseguilo, cada capítulo inclúe unha descripción sobre como chegar, así como os datos necesarios para, vía satélite, guiarse por sistema GPS. Boa viaxe.

Carlos Gabriel Fernández Cortiñas é xornalista e escritor. Traballou 16 anos no rotativo galego Diario de Pontevedra e colabora semanalmente desde hai 11 anos en diferentes programas da Radio Galega. Na actualidade participa no programa A Tarde, cun espazo sobre lugares máxicos de Galicia. É autor de centos de artigos e reportaxes sobre temas relacionados cos mitos e as crenzas.
Foi guionista do programa Mundo Misterioso da TVG (1993) e documentalista de Misterios sin Resolver (Tele 5, 1994).
Máis recentemente, foi director de contidos do programa Milenio, da TVG (2019-2020). Ademais colabora en numerosos programas de radio, televisión, e en revistas como Año/Cero, Más Allá de la Ciencia e outras. É autor de máis de media ducia de libros.

____

Editorial: Nordés Libros
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • XIBRALTARIA (UN CADILLAC EN XIBRALTAR)

    Nacho Taibo
    €20,00

    Xibraltaria é unha fantasía con toques realistas que narra unha historia de aventuras e de espías, parecida a ningunha outra. O xefe de p...

    Ver todos os detalles
  • ROMARÍAS E SANTUARIOS

    ROMARÍAS E SANTUARIOS

    Antonio Fraguas
    €23,90

    Un percorrido histórico e unha guía útil para o coñecemento dunha parte importante do noso patrimonio espiritual.Antonio Fraguas, gran coñecedor da...

    Ver todos os detalles
  • UNHA DUCIA DE GALEGOS

    UNHA DUCIA DE GALEGOS

    Víctor F. Freixanes
    €24,95

    Conversas con: Ramón Otero Pedrayo * Valentín Paz-Andrade * Luís Seoane * Eduardo Blanco Amor * Ramón Piñeiro * Celso Emilio Ferreiro * Xaime Isla ...

    Ver todos os detalles
  • VIRTUDES (E MISTERIOS)

    VIRTUDES (E MISTERIOS)

    Xesus Fraga
    €19,70

    Contar a emigración desde a parte dos retornados. Velaí o obxectivo que se propuxo Xesús Fraga ao encetar esta novela que é, sobre todo, o relato d...

    Ver todos os detalles
  • NOTAS COMPOSTELÁS

    NOTAS COMPOSTELÁS

    Antonio Fraguas
    €19,50

    Un percorrido histórico e unha guía útil para o coñecemento dunha parte importante do noso patrimonio espiritual.Antonio Fraguas, gran coñecedor da...

    Ver todos os detalles