Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

XUVIA-NEDA

€20,50
ISBN 9788499141015

Un libro que se move entre o real e o pintado, á metade do camiño que vai entre Norma Jean e ese homiño namorado dunha rapaza, suicida que non foi aínda. Un libro que nos fala da froita madura recollida por un autor, agora que é ano hernandino, tan "perico en lúas" como o seu conto homónimo.

Este libro de relatos está composto dun par de ducias de achegamentos a ese terreo máxico, de puro realista, co que Vicente Araguas asegura manter unha relación carnal. E afellas que a través deste relatorio imos vendo como o erotismo e máis a chamada telúrica van ensamblando un conxunto onde a melancolía dos perdedores canxa coas maneiras nobres de quen miran como as luces do derradeiro tranvía abren paso á ollada riba da memoria, sentimental e histórica. Personaxes neboentos xunto a outros tan certos como Marcelino, saíndo do Hispano-Argentino o verán do gol a Rusia, ou Brigitte Bardot a erguer saudades que se debruzan no río onde unha cucaña dispón un xamón no seu remate. Mentres hai quen se desfai, literalmente, entre das ponlas das árbores e o neno Fandiño en canto de facer caligrafía prefire escoitar unha historia de amor que alá foi no comboio descendente.

____

Editorial: Xerais 2010
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • SOMBRA DE PORCELANA BRAVA

    Vicente Araguas
    €25,00

    Un libro que se move entre o real e o pintado, á metade do camiño que vai entre Norma Jean e ese homiño namorado dunha rapaza, suicida que non foi ...

    Ver todos os detalles
  • AS AVENTURAS DE BREOGÁN FOLGUEIRA

    AS AVENTURAS DE BREOGÁN FOLGUEIRA

    Darío Xohán Cabana
    €8,25

    Breogán Folgueira é un rapaz de catorce anos recén cumpridos, que vén de remata-lo 8º de EXB. Vive en Lugo e é fillo único dun matrimonio de trabal...

    Ver todos os detalles
  • DESTA BEIRA DO LETEU

    Ernesto Vázquez Souza
    €13,00

    Artigos de historia cultural, literatura e sociedade desde o esquecemento. A imaxe do infernal Leteu, o río do esquecemento, do que os mortos beben...

    Ver todos os detalles
  • HISTORIAS DE OREGÓN

    HISTORIAS DE OREGÓN

    Diego Ameixeiras
    €17,00

    Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia 2011   Tras os éxitos rotundos obtidos por Asasinato no Consello Nacional e Dime algo sucio, prem...

    Ver todos os detalles
  • PENSA NAO

    PENSA NAO

    Anxo Angueira
    €17,00

    Premio Xerais de Novela, 1999   En Pensa nao Anxo Angueira recrea a biografía colectiva de Sernanselle o espacio ficcional que lle é propio. Sern...

    Ver todos os detalles