
Un cancioneiro de case cento cincuenta pezas escritas para a xente e de costas ao onanista mundo literario por un poeta camuflado na estrita métrica visceral do rock and roll e sometido á erosión dos sucios locais de ensaio e das suores dos escenarios. Cancións publicadas aquí como textos literarios, o que lonxe de pedantería ningunha obedece á convicción de que, por moito que a industria musical o trate de obviar, as letras das cancións non son indiferentes nin neutrais respecto á difusión da música popular en todas as épocas. Unha edición que Antón Reixa dedica a todos os músicos cos que colaborou ao longo destas máis de tres décadas e aos espontáneos portadores dunha entusiasta pancarta aparecida nun concerto de Os Resentidos en Madrid e que dicía coa contundencia da pintura en spray: Galicia Beibe.
____
Editorial: XeraisIdioma: Gallego