Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O ELEFANTE BRANCO

€11,50
ISBN 9788490460313
Unha trama na que se dan a man momentos clave e particulares na vida dun protagonista situado nesa fronteira que vai desde a adolescencia, ou preadolescencia, e a mocidade; fiándose coa sorprendente presenza do ilusionista lucense Conde de Waldemar e remexendo, ao tempo, nos asuntos que puideron levar a Fole a escribir o relato “A caixa dos habanos”, integrado na Terra brava, a carón de historias de espías nazis, os ecos que producen as vivencias da emigración e mesmo algún acontecementos máis.

Pode, se cadra, semellar que Fraga fai confluír demasiadas liñas argumentais e que algunha corre o risco de quedar solta, mais non é así. O autor ofrece aquí unha proposta moi atinada diso que se dá en categorizar como novelas de fronteira, isto é, textos literarios, sinxelos mais complexos á vez, con diversos niveis de lectura e operativos para diversas xeracións de lectores; e faino con efectividade e interese pois todos os elementos que manexa non deixan amosar as suturas. Fraga, Xesús Naceu en Londres, pero dende moi neno viviu na Coruña, e logo en Betanzos. Estudou xornalismo en Salamanca e traballa desde hai moitos anos en La Voz de Galicia. Entre as súas obras destacan títulos como O elefante Branco. A-Z ou Salimán. Unha das súas afeccións é o mundo da cociña, sobre a que publicou 50 receitas con amoras e outros froitos silvestres. Como tradutor trouxo para o galego libros como Lolita, de Vladimir Nabokov, ou Arthur & George, de Julian Barnes. Traducións
  • Arthur & George (2006). Rinoceronte. Orixinal de Julian Barnes.
  • Lolita (2008). Faktoría K de Libros. Orixinal de Vladimir Nabokov.
  • Oracións infantís (2008). Orixinal de millan.
  • O sentido dun final (2012). Rinoceronte. Orixinal de Julian Barnes.
  • Un monstro vén a verme (2016). Faktoría K de Libros. Orixinal de Patrick Ness.

____

Editorial: Tambre 04-2013
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • VIRTUDES (E MISTERIOS)

    VIRTUDES (E MISTERIOS)

    Xesus Fraga
    €19,70

    Contar a emigración desde a parte dos retornados. Velaí o obxectivo que se propuxo Xesús Fraga ao encetar esta novela que é, sobre todo, o relato d...

    Ver todos os detalles
  • O NENO PASTOR QUE VENCEU O LOBO

    Olegario Sotelo Blanco
    €20,00

    Lembranzas dun galego emigrado en Cataluña.  Olegario Sotelo Blanco fai unha revisión das súas vivencias a través dun texto ameno e ateigado de mom...

    Ver todos os detalles
  • O PENSADOR ENTRA EN ACCIÓN

    Christine Nöstlinger
    €16,00

    O Pensador, o Picas, Lilibeth e o Sir son amigos e compañeiros de instituto; como xa cursaron xuntos infantil e primaria, coñécense á perfección. P...

    Ver todos os detalles
  • CADERNOS PERSOAIS

    Lois Pereiro
    €17,00

      Chan da Pólvora réndelle homenaxe a Lois Pereiro no 25 aniversario da sua morte –24 de mayo de 1996– coa publicación deste conxunto de cadernos i...

    Ver todos os detalles
  • ENTRE FRONTEIRAS

    ENTRE FRONTEIRAS

    Xavier Alcalá
    €15,50

    Entre fronteiras narra a historia da represión das comunidades evanxélicas en Galicia no primeiro terzo do século XX.A nova novela de Xavier Alcalá...

    Ver todos os detalles