Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

VEU VISITARME O MAR

€20,60
ISBN 9788497822510
Premio Losada Diéguez de Creación Literaria, 2005   Veu visitarme o mar é unha novela entrañable, arrebatadora, profundamente humana, onde se debate a cuestión máis trascendental: aquela que fai que a persoa se mida nunha batalla contra si mesma. A confirmación do talento literario de Rosa Aneiros.

Unha noite, vítima da súa propia cobardía, Alba sente que as súas últimas forzas morren entre as botellas de alcol que guinda a un contedor. É a noite do 12 de novembro de 2002; e mentres as dúbidas e o seu enzoufado estado de ánimo a consomen por dentro, unha marea negra empeza a camiñar a grandes alancadas pola superficie do mar. Entón, Alba, bióloga nunha piscifactoría da Costa da Morte, ten que se enfrontar á cadea de lembranzas e remorsos que a acompañan, con monstros e silencios, desde a súa chegada a Lira unha década antes. A catástrofe do Mar Exeo arrincáraa da vella sombra da Alhambra, onde ecoa a voz íntima da súa avoa coma unha pantasma do pasado, e agora é a marea negra do Prestige quen ameaza con levala consigo.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • A PRAIA DOS AFOGADOS

    Domingo Villar
    €23,00

    Despois do éxito de Ollos de auga, Domingo Villar preséntanos esta apaixonante novela de intriga que mergulla o lector no mundo da Galicia mariñeir...

    Ver todos os detalles
  • DENTRO DA ILLA

    DENTRO DA ILLA

    Dolores Ruiz
    €13,00

    Unha xeira máis, o Premio Blanco Amor confirma a atención que lles presta ás novas correntes da narrativa, o seu papel fundamental para dar a coñec...

    Ver todos os detalles
  • AS VOCES DA AUGA

    AS VOCES DA AUGA

    Anxela Gracián
    €13,50

     As voces da auga destaca pola calidade de lingua empregada, a orixinalidade da proposta e o intenso labor de recreación dunha sociedade xeográf...

    Ver todos os detalles
  • O CÓDICE ESMERALDA

    O CÓDICE ESMERALDA

    Alberte Blanco
    €20,00

    O achado dun antigo manuscrito familiar embarca a Xacobe nunha investigación que o retrotrae aos tempos da batalla de Rande. Xan Bieito, un antepas...

    Ver todos os detalles
  • XA NON ESTOU AQUÍ

    XA NON ESTOU AQUÍ

    Iria Misa
    €12,00

    Ánxela repite 1º de Bacharelato obrigada polos seus pais. A súa vida sofre un cambio rotundo cando, a comezo de curso, meses antes da súa misterios...

    Ver todos os detalles