Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

VERDE OLIVA

€23,70
ISBN 9788498654479
O autor narra en primeira persoa a historia dunha inmigrante burguesa que se converte en axente do 26J e participa en misións arriscadas durante a revolución castrista.

Xavier Alcalá conta na súa nova novela as aventuras e desventuras de Mariana, a galega enguedellada nunha revolución mítica contra o tirano que sometera a illa de Cuba. Velaquí Verde oliva, a historia desta filla de galego e crioula que se integra nunha rede secreta de axentes encargados de destruír o réxime do ditador. A heroína de Verde oliva puido nacer en Cuba e criarse alí, desde sempre no ambiente que conduciría á rebelión contra Batista, mais, por cousa dos azares da vida, veu ao mundo nunha aldea da Mariña luguesa o 20 de xullo de 1936. Así e todo, aos catorce anos desembarcaba no porto da Habana. Co mester do narrador experto, Xavier Alcalá conta a historia desta loitadora pola liberdade que, educada nun mundo burgués, intervén na guerra secreta desenvolvida durante a revolución cubana. Mariana, a protagonista da novela, chega á Habana e, mergullada nos hábitos de cidade avanzada, recibe boa educación e participa do luxo dos que se permiten vivir en Tarará. O seu pai, republicano en Galicia, imbúelle ideas democráticas que baten coa ditadura de Batista; isto, xunto co ambiente do seu colexio e da academia de xornalismo á que asiste, lévana a participar no Movemento 26J.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • O TRIÁNGULO INSCRITO NA CIRCUNFERENCIA

    O TRIÁNGULO INSCRITO NA CIRCUNFERENCIA

    Víctor F. Freixanes
    €26,50

    Unha referencia obrigada no panorama literario galego do último terzo do século XX. Publicada en 1982 e gañadora do Premio blanco amor e do Premio...

    Ver todos os detalles
  • LUKUMÍ

    LUKUMÍ

    Alfredo Conde
    €16,20

    Na súa novela que leva por título Lukumí Alfredo Conde narra a colonización de Cuba, o devalo da revolución e a esperanza fanada da utopía internac...

    Ver todos os detalles
  • DENTRO DA ILLA

    DENTRO DA ILLA

    Dolores Ruiz
    €13,00

    Unha xeira máis, o Premio Blanco Amor confirma a atención que lles presta ás novas correntes da narrativa, o seu papel fundamental para dar a coñec...

    Ver todos os detalles
  • A NENA DO ABRIGO DE ASTRACÁN

    A NENA DO ABRIGO DE ASTRACÁN

    Xabier P. DoCampo
    €19,00

    A vila de Ribadaínsua é narradora e protagonista dos acontecementos dramáticos dos últimos meses de 1947, que algúns quixeron agochar, para amosar ...

    Ver todos os detalles
  • BÓTAME DESTE MAR FÓRA

    BÓTAME DESTE MAR FÓRA

    Xosé Ricardo Losada
    €16,00

    Tras unha longa crise existencial, o catedrático Alberte Hevia chega ao instituto Félix Muriel de Rianxo. Escapa dunha cidade burguesa e previsible...

    Ver todos os detalles