Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

UNHA VERDADE AMARGA

€14,00
ISBN 9788491510598
Cando Daniel Pereria inicia os trámites para presentar unha demanda de paternidade contra Aurelio Salgado, a vida das dúas familias verase radicalmente trastornada.

Pilar e Carlos, por un lado, Daniel e Silvia, polo outro, buscarán xustificación á súa conduta, que remite a amores e desencontros, débedas pendentes, culpas non purgadas e aldraxes amoreadas en moitos anos de silencio. Entremedias, dous rapaces, Alberte e Marta, vítimas tamén dunha guerra que non é a súa. E Aurelio, paso a paso privado de recordos, sabe que avellentar é mirar atrás e enfrontarse a un pasado onde ás veces custa recoñecerse. Ao cabo, os vellos segredos de familia sempre acaban por aflorar, porque nin o amor nin o rancor poden agocharse eternamente. Unha historia sobre a identidade e a memoria. Díaz Núñez, Celia Naceu no Páramo en 1961. Vinculada desde os anos da infancia a Quiroga, reside en Ourense, onde desenvolve a súa actividade docente. Deuse a coñecer como narradora en 2003 cando publicou Adeliña, novela gañadora do premio Pura e Dora Vázquez, que volveu gañar en 2012 con Rugando. En 2007 obtén o premio Breogán de contos co relato "Un tango na noite". É autora de obras de teatro infantil: Cataventos e cía. (premio Barriga Verde de textos teatrais, 2004) e Velaí vai o papaventos (2014), o ensaio literario Voces na terra (1995) e materiais didácticos para a aprendizaxe da lingua galega.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • AS VIDAS DE… ANTONIO FRAGUAS

    AS VIDAS DE… ANTONIO FRAGUAS

    Xosé Antonio Neira Cruz
    €12,90

    Hai moitas maneiras de achegarse á vida e á obra dun autor...Esta que nos propón o escritor Xosé A. Neira Cruz é das máis orixinais que verás na tú...

    Ver todos os detalles
  • A AVOA CANTA COMO A COTOVIA

    DIAZ NUÑEZ, CELIA
    €12,40

    Cantareiras. Letras galegas 2025.Accésit Premio Simbad para o Recordo e o Alzhéimer 2024.Lembro ben a primeira vez que a avoa Oliva me cambiou o no...

    Ver todos os detalles
  • O OUTEIRO DO AMIEIRO

    LERTXUNDI, ANJEL
    €14,70

    O protagonista desta novela quere coñecer o mundo, viaxar dun lado cara a outro, gozar das paisaxes e cidades máis fermosas. E non é que sexa ...

    Ver todos os detalles
  • DÚAS LETRAS

    DÚAS LETRAS

    Eloy Varela
    €20,50

    A película de Eloy Varela, e máis o texto literario de Fina Casalderrey que a inspirou. Esta edición inclúe o DVD (cos seus extras en forma de en...

    Ver todos os detalles
  • HISTORIAS DE OREGÓN

    HISTORIAS DE OREGÓN

    Diego Ameixeiras
    €17,00

    Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia 2011   Tras os éxitos rotundos obtidos por Asasinato no Consello Nacional e Dime algo sucio, prem...

    Ver todos os detalles