Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

UN VENTO QUE PASA

€17,50
ISBN 9788491513537
Un home enfermo, na fin da súa vida, desenganado de todo...

...escoita os relatos terribles e badocos que para pasar o tempo lle contan os compañeiros de doenza -unha manda de lobos en procura do seu propio desamparo-. Simultaneamente, lembra e debulla a súa peripecia. Con cinismo e sarcasmo, o protagonista relata a historia da súa postración e soidade, do enclaustramento na súa casa de campo asistido por monxas mentres é arrastrado por ese vento que leva inevitablemente a todo mortal e un final inxusto. Velaquí a historia dun home “atado a si mesmo”, dun “ser atravesado” que soamente posúa unha certeza, a constancia dos seus erros. Un narrador escéptico e sagaz para quen a sabedoría é ao tempo condena e salvación. Ás veces obscena, outras dunha ironía clarividente, o ton confesional desta novela de Alfredo conde fai abrollar a farsa cruenta da vida. Unha farsa que, dosificada, acaba por tinguilo todo cun aquel patético, absurdo e, precisamente por iso mesmo, verdadeiro. “Unha esaxeración propia dun vello consentido”.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • MEMORIAS DUN EXGALEGO

    Josiño Araújo Pérez
    €21,95

    “Comecei a odiar a miña familia o día en que nacín”. Así arrinca esta biografía de odio. Anxo, o seu narrador e protagonista, é a personificación d...

    Ver todos os detalles
  • UNHA CORRENTE SALVAXE. HISTORIA DUNHA DESCOÑECIDA.

    Raúl Dans
    €17,95

    Pais e fillos, segredos e mentiras, culpa e redención. Nestas dúas obras protagonizadas por mulleres, Dans mergúllase nas zonas máis escuras da alm...

    Ver todos os detalles
  • THE MAKING OF

    THE MAKING OF

    Xavier Alcalá
    €24,00

    Un innominado escritor de profesión allea á literaria recibe dun compañeiro de traballo a petición de que investigue sobre a morte do seu avó na Pa...

    Ver todos os detalles
  • O PAZO BALEIRO

    O PAZO BALEIRO

    Xabier P. DoCampo
    €9,20

    A Nicolás anóxao a escola pero pásao fenomenal cando visita seu Tío Delio, que é reloxeiro e vive nun vello vagón de tren, que el mesmo amañou. Alí...

    Ver todos os detalles
  • FANECA BRAVA

    FANECA BRAVA

    Librería Abrente
    €18,00

    A da prima Concha é, sen dúbida, unha historia singular. Homes singulares na vida, se cadra, hai moitos. Algúns mesmo chegan a ser recoñecidos pola...

    Ver todos os detalles