Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

UN TERROR DE AUGA FRÍA

por VV.AA.
€16,00
ISBN 9788412288346

Medos instintivos ou aprendidos, temores de base irracional ou de fundamento obxectivo, pánico e angunstia, conforman unha parte do catálogo de variacións sobre o sentimento central que motivou a elaboración da escolma Un Terror de Auga Fría, diferenzas marcadas tamén por claves de cerna cultural e condicionadas pola opción estética dos sucesivos períodos históricos e xeracionais.

A selección textual, realizada a partir do corpus da poesía galega desde o Rexurdimento e até hoxe mesmo, reúne un conxunto singificativo e variado de poemas que expresan o sentimento do medo e non repara nin na maior ou menor importancia do papel histórico dos poetas escollidos nin na diferente consideración crítica que tales autores e autoras teñan atinxido.

____

Editorial: Contos Estraños 2022
Idioma: Gallego