Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

UN PEIXE NO PARQUÉ

€17,30
ISBN 9788491215493
Un peixe no parqué é un atlas de vidas en combustión, de faíscas acesas debaixo da borralla. A medio camiño entre a novela e o libro de relatos...

Ramón Vilar Landeira ofrécenos unha narración ateigada de ironía e humor, que trata das parellas que os sábados cean sushi diante da televisión; das pintadas máis insidiosas no váter da facultade; da xente que guinda preservativos dende os seus autos; do olor a naftalina na entreperna; dos camións que veñen de fronte pola estrada comarcal; da funcionalidade das casas prefabricadas; das clases medias e de Le Monde diplomatique; e, sobre todo, dos flashes dos teléfonos móbiles.Un peixe no parqué é ficción cosida coa vida cotiá, que non esquece as contradicións, silencios e esgazamentos da condición humana; ficción na que resoan os ecos deses golpes que o paso do tempo dá no rostro e no corazón ao decatarnos de que todo cambia.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • AGUILLÓNS DE ORTEGAL

    AGUILLÓNS DE ORTEGAL

    Hixinio Puentes Novo
    €21,35

    Con sabor a novela de aventuras, Hixinio Puentes ofrécenos en Aguillóns de Ortegal unha historia ambientada nos tempos da Primeira Guerra Mundial, ...

    Ver todos os detalles
  • O QUE NON SABÍAS

    O QUE NON SABÍAS

    Elba Pedrosa
    €16,35

    Por veces, as pegadas que deixa a vida son tan intensas que esborranchamos o presente coa dor do pasado e co silencio.Marisa, muller afouta e tenaz...

    Ver todos os detalles
  • POR PUNTOS

    POR PUNTOS

    Manuel Portas
    €18,70

    A vida está chea de casualidades, de situacións baixo o ditado das coincidencias e os caprichos do destino. Premio Blanco Amor 2018O curso para a ...

    Ver todos os detalles
  • RAIÑAS NO MEU XARDÍN

    Xosé Manuel G. Trigo
    €177,60

    Este non é un libro que se lea dun tirón (ou si).Cómpre ler e andar por el a modo, como se paseásemos por un xardín sen présa, parándonos a cada pa...

    Ver todos os detalles
  • NINGUÉN

    NINGUÉN

    Fran Alonso
    €17,00

    Sara, unha muller que está farta dos ruídos da cidade, decide cambiar de estilo de vida. Un mozo vive obsesionado polas voces dos seus veciños, que...

    Ver todos os detalles