Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

UN MUNDO DISTINTO

€16,00
ISBN 9788494653834
Obra que o prudente bispo inglés Joseph Hall nunca admitiu como súa a fin de evitar as represalias dos puritanos da época, foi escrita en latín en 1605 e distribuída, nun principio, só entre persoas de confianza.

Entre as obras satíricas clásicas, a de Hall considérase unha das máis valiosas dende o punto de vista literario. As súas páxinas conteñen un suxestivo e irrisorio catálogo de arquetipos humanos; tal é a fórmula que o autor argallou para disparar –coa arma da ridiculización– contra a corrupta Igrexa católica romana. O mundo que nos presenta está poboado por unha amálgama de necios e fanáticos, de individuos deformes e demasiado seguros de si mesmos, habitantes de territorios imposibles onde os roles tradicionais de homes e mulleres se inverten, onde as sociedades se gobernan por códigos de conduta a todas luces disparatados e os usos e costumes renxen por onde queira que se miren... Porén, trátase dun mundo idéntico ao que se ten por civilizado. A intrépida viaxe a terra ignota que realiza Mercurio Británico, é unha das máis extravagantes e trouleiras da literatura utópica. Amais, a presente edición en galego permite realizar unha lectura informal ou ben, grazas ao amplo e traballado corpo de notas (tanto do autor coma do tradutor), unha máis sisuda pero non menos gozosa.

____

Editorial: Hugin e Munin

También te podría interesar...

  • A IMPACIENCIA DO CORAZÓN

    A IMPACIENCIA DO CORAZÓN

    X
    €19,00

    Unha das derradeiras obras de Zweig publicadas en vida do autor (1939), a súa novela máis longa e, por múltiples motivos, un dos textos de ficción ...

    Ver todos os detalles
  • MONSIEUR MAURICE

    Amelia B. Edwards
    €14,50

     A novela curta 'Monsieur Maurice', está ambientada na Prusia de comezos do s. XIX e céntrase na particular relación entre unha cativa, Gretchen, e...

    Ver todos os detalles
  • A LÚA E SEIS PENIQUES

    A LÚA E SEIS PENIQUES

    W. Somerset Maugham
    €15,50

    O narrador en primeira persoa, un aspirante a escritor, seguirá os pasos de Charles Strickland, un anódino axente de cambio residente en Londres qu...

    Ver todos os detalles
  • OURIKA

    OURIKA

    Claire de Duras
    €7,00

    Madame Duras sentiu unha gran fascinación pola historia de Ourika –unha moza senegalesa educada pola familia Beauvau, á que a autora frecuentaba–, ...

    Ver todos os detalles
  • O MUNDO RESPLANDECENTE

    O MUNDO RESPLANDECENTE

    CAVENDISH, MARGARET
    €16,00

    é unha descrición dun reino utópico e satírico situado noutro mundo, ao que se pode chegar a través do Polo Norte. Unha muller entra nese outro mun...

    Ver todos os detalles