Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

UN HOME ESTRAÑO

€17,00
ISBN 9788491213369
O inspector de segunda, Xosé Sánchez Pereiro, enfróntase ao primeiro caso importante da súa carreira: o crime de Manuel Ferro Filgueira, un arquitecto que traballa no Concello da Coruña, presidido entón por Domingos Merino. VI Premio de Novela Curta ''Cidade Centenaria de Riveira''

Mentres tanto, a xornalista Ledicia Muruzábal, despois de entrevistar o presidente do Partido Galeguista, Avelino Pousa Antelo, está a punto de atropelar un home estraño, unha figura extravagante que aparece de súpeto no medio da calzada e que axiña esperta a súa curiosidade. Ambientada na Galicia preautonómica de 1980, “Un home estraño” é unha novela que pretende contribuír ao coñecemento de toda unha época, a chamada Transición, a partir dunha tripla indagación identitaria: a do verdadeiro rostro que se esconde tras o poder, a investigación sobre unha determinada concepción da loucura (a máis romántica de todas, como parte do conflito inevitábel entre a identidade individual e a colectiva) e a pescuda sobre a natureza esencial dun pobo que loita pola súa diferenciación nun clima de grandes esperanzas pero, tamén, de moitas doses de inxenuidade. “Un home estraño” é a segunda entrega da serie, iniciada por “A antesala luminosa” e protagonizada polo policía Xosé Sánchez Pereiro, que, en clave de xénero negro −aínda que, esta vez, excepcionalmente, a modo de precuela, cun apéndice insólito e formato de novela curta−, pretende abordar, dende distintas perspectivas, o tema catalizador da enfermidade mental. Social

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • A ANTESALA LUMINOSA

    A ANTESALA LUMINOSA

    Librería Abrente
    €16,65

    O inspector Sánchez investiga a identidade de dous cadáveres calcinados que aparecen nas inmediacións da praia coruñesa do Matadoiro en plena madru...

    Ver todos os detalles
  • UNHA CORRENTE SALVAXE. HISTORIA DUNHA DESCOÑECIDA.

    Raúl Dans
    €17,95

    Pais e fillos, segredos e mentiras, culpa e redención. Nestas dúas obras protagonizadas por mulleres, Dans mergúllase nas zonas máis escuras da alm...

    Ver todos os detalles
  • OS INCURÁBEIS

    OS INCURÁBEIS

    Antonio Tizón
    €18,30

    «Recordo que cando cheguei ao lugar do crime pensei que todo o mundo se volvera tolo». Así comeza esta historia de morte, paixón e loucura. Nunha n...

    Ver todos os detalles
  • SCHLUMPF, ERWIN: HOMICIDIO

    Friedrich Glauser
    €14,95

    O sarxento Studer é unha persoa entrañábel, a quen é moi fácil collerlle cariño, un home moi da súa época, para ben e para mal, pero tamén un tipo ...

    Ver todos os detalles
  • O HOME DE NEGRO

    O HOME DE NEGRO

    An Alfaya
    €10,00

    O home de negro proponnos unha trama singular, a dunha escritora que comeza a relatar “a historia dun home que un día espertou dun estraño soño ond...

    Ver todos os detalles