Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

TRISTANO MORRE

€16,50
ISBN 9788482887289
Última novela de Tabucchi que relata a aventura dunha época a través da voz dun personaxe agoniante. A experiencia humana do século XX en clave narrativa coa mesma mestría e sedución que en obras anteriores.

Nalgures, nunha casa da Toscana italiana, o último agasto do século XX, ao longo dunha agonía que durará un mes enteiro, un home que combateu pola libertade do seu país conta a súa vida coa lucidez da febre e as alucinacións provocadas pola morfina. Tristano, nome tomado dun personaxe do poeta Leopardi, fai vir á cabeceira do seu leito un escritor para recoller o testemuño dunha vida que reflicte o século que está a piques de rematar. A pregunta que percorre a novela toda, e que Tabucchi se fai sen querer responder definitivamente, é a de se unha narración pode abranguer a xeometría ambigua dunha vida: as súas contradicións, as dúbidas, as omisións, os desexos incumpridos, as presuntas lembranzas ou os autoenganos. O destino persoal dun heroe como Tristano, cargado simultaneamente de esperanza e desespero, de xenerosidade e amargura, achega ao lector ou lectora un fresco de sesenta anos de historia de Italia e de Europa, coas súas traxedias e falsos pasos adiante, ata a irrupción do derradeiro episodio de tiranía: a farsa televisiva.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • VIRTUDES (E MISTERIOS)

    VIRTUDES (E MISTERIOS)

    Xesus Fraga
    €19,70

    Contar a emigración desde a parte dos retornados. Velaí o obxectivo que se propuxo Xesús Fraga ao encetar esta novela que é, sobre todo, o relato d...

    Ver todos os detalles
  • O ROSARIO E A BUGUINA

    Xosé Ricardo Losada
    €15,00

    Premio Torrente Ballester 2020Enfermo de tuberculose, o poeta Manoel Antonio pasa os últimos días de vida na súa casa de Asados, coa única compañía...

    Ver todos os detalles
  • O INVERNO AUSENTE

    Fernando Martínez Vilanova
    €18,00

    Dende finais do século XIX ata mediados do XX en Galiza produciuse un desprazamento forzoso e masivo de mocidade que fuxía da penuria económica, e ...

    Ver todos os detalles
  • MORREREI OUTRO DÍA

    Isabelle Alonso
    €15,00

    O destemido Ángel Alcalá Llach ofrécenos a crónica do seu percorrido vital, dende a súa nacenza até acabada a guerra civil. Nado en Valencia na déc...

    Ver todos os detalles
  • ARRAIANOS

    ARRAIANOS

    X. L. Méndez Ferrín
    €16,65

    A lectura de Arraianos ponnos a ollada e a imaxinación sobre un territorio, nas concas do Limia e do Arnoia, contra as serras do Xurés e Laboreiro,...

    Ver todos os detalles