Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

TRES POETAS EN ESTADO DE ALARMA

por VV.AA
€14,95
ISBN 9788484874782
E no medio desta cacofonía, desta enxurrada de información (onde se atopa a verdade?), desta confusión e deste caos, xorden tres mosqueteiros que mudan a espada pola pluma dos seus sombreiros de aba ancha e transforman a arte da esgrima para mudala de ritual clasista en esgrima gramatical, defendendo así á estirpe que os criou, que fixo deles seres adultos e autónomos.  

Como eremitas retornados ás súas covas do deserto (neste caso ficticias) foron producindo reflexións aceiradas, salmos, metáforas e alegorías, pequenos poemas cal espiñas dunha coroa de sufrimentos e eivas descubertas, mais tamén de iluminación e aprendizaxe (que na fin son etapas da madureza persoal). Eses tres mosqueteiros, eremitas ou simplemente cidadáns libres son neste caso Vítor Vaqueiro, Xosé María Álvarez Cáccamo e Carlos Negro, un trío de ases nos que un pode confiar (palabra de D’Artagnan) Contamínense de Xosé María, de Carlos e de Vítor, celebren a escrita sen fronteiras. Contemplen o por-do-sol, respiren conscientemente e sigan as súas intuicións mentres reflexionan no que aquí leron e no que se atopen nos corredores do seu labirinto propio, Minotauros, bestas ilustradas debullando a xelatina dos días. Xavier Queipo, Bruxelas, Xuño 202

____


Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • A LIÑA DA VIDA

    Álvarez Cáccamo, Xosé María
    €16,00

      Xosé María Álvarez Cáccamo levaba xa nove anos sen publicar un libro individual dirixido a adultos e A liña da vida, que acaba de editar Chan da ...

    Ver todos os detalles
  • A POESÍA DAS DIVERSIDADES

    Raña, Román
    €20,00

    (Os poemarios que lemos en 2020). Román Raña encargouse de realizar en 2020 a antoloxía que anualmente publica Chan da Pólvora da poesía galega. O ...

    Ver todos os detalles
  • PAZO DE TOR

    PAZO DE TOR

    Luz Pozo Garza
    €12,50

    Aos seus 96 anos de idade, publica novo libro unha das voces máis destacadas da poesía galega das últimas décadas. En Pazo de Tor, Luz Pozo Garza v...

    Ver todos os detalles
  • JE VOUS SALUE, FRAN CORTEGOSO

    Pablo Fidalgo Lareo
    €7,00

    Nestes textos, brillan tanto os poemas como os poetas, fundidos ambos nun concepto esencial: “A única liberdade é definir o amor”. Imposible non em...

    Ver todos os detalles
  • FLOR NEGRA

    Genaro da Silva
    €17,00

    A poesía é para o autor “achegarse mediante a linguaxe a aquilo que a linguaxe non consigue dicir”.Flor negra, de Genaro da Silva, é un libro sobre...

    Ver todos os detalles