
A presenza na vila do tanxedor de campás provocou que ocorrese algo fóra do normal. Co son das badaladas apareceron na praza uns paxaros de plumaxe maxestosa, unha especie descoñecida da que Irene non atopou referencia ningunha cando consultou nas guías de aves da biblioteca do seu pai, un territorio ideal para osmar nos segredos. Mais non será ese o único acontecemento estraño e inquietante que sucederá na vila. Algo inexplicable ocorre cos animais. Unha novela de medo e fantasía, na liña das mellores historias de H. P. Lovecraft, sobre a estarrecedora procura dun segredo aniñado nas tebras da noite.
____
Editorial: XeraisIdioma: Gallego