Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

TODOS OS LONXES

€19,00
ISBN 9788412874112

Todos os lonxes funciona como unha caste de diario dalguén con 21 anos que marcha ao estranxeiro. A partir dese arrinque, o autor –un artista que transita polos ámbitos da instalación, a museística ou o hip-hop– actualiza o concepto da emigración galega na economía global do século XXI e ofrécenos unha obra escintilante como o fulgor do xeo sobre o que camiña en Suecia. Xague comeza a escribir os poemas cando sabe que marchará a Suecia e coa sensación de que permanecerá alí varios anos. Mentres fala de marchar pero tamén de querer adaptarse, o libro vaise adentrando nos terreo do descoñecido e nós, as lectoras e os lectores, asistimos ao seu devir para entender –e integrar nunha biografía– a nova realidade que o acolle. As súas tentativas, os rodeos e as estratexias tecen unha riquísima superficie de reflexións e estímulos emocionais que converten a lectura de Todos os lonxes nun dos debuts máis brillantes da poesía galega última.

Breogán Xague (Vigo, 1999) é un artista, músico e poeta galego que acaba de raduarse no Mestrado en Arte Libre da Royal Institute of Art de Estocolmo.
Vive entre Vigo e Suecia desde o 2020. Neste tempo puido amosar a súa obra en dúas exposición individuais, unha na Galleri Mejan e outra na Galleri ID:I, ademais de varias colectivas no Centro de Arte Mint ou na Real Academia Sueca das Artes, entre outros. Ao mesmo tempo consolidou a práctica artística en Galicia, con recoñecementos como o premio a Novos Talentos Luso-Galaicos da Fundación Eixo Atlántico, o Xaime Illa Couto de poesía ou o terceiro premio Auditorio de Galicia para artistas noveis 2023. No ámbito da música, mantén a súa actividade a través de A Regueifa Plataforma 2.0 e do selo CrystalmineZine.
Tamén participou na sexta edición do Festival Internacional Intersección da Coruña e, neste 2024, foi seleccionado para as estancias artísticas CICAGallery da UdC. O seu último disco Xague2 https://breogan.bandcamp.com/album/xague2 forma con Todos os lonxes unha unidade temporal e biográfica común.

 

____

Editorial: Chan da Pólvora  06-2024
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • VIRTUDES (E MISTERIOS)

    VIRTUDES (E MISTERIOS)

    Xesus Fraga
    €19,70

    Contar a emigración desde a parte dos retornados. Velaí o obxectivo que se propuxo Xesús Fraga ao encetar esta novela que é, sobre todo, o relato d...

    Ver todos os detalles
  • AS CUNCHAS BALEIRAS

    Novoneyra, Branca
    €15,00

    As cunchas baleiras recolle poemas que Branca Novoneyra escribiu ao longo da última década. Algunas veces o poema desaparece, non queda nada (ou ca...

    Ver todos os detalles
  • UXIO E AMIGOS.

    ROMERO, MARTIN
    €14,00

    Uxío e amigos é unha nova historia perfecta para primeiros lectores en castelán, euskera, catalán ou galego, que inclúe mensaxes tan importantes co...

    Ver todos os detalles
  • ICARAS

    LABRAÑA, CARLOS
    €11,50

    PREMIO O FACHO DE TEATRO INFANTIL 2022 Lía garda un segredo, a súa nai fíxolle unhas ás con plumas de cores, pero non lle ensinou a voar. Ana...

    Ver todos os detalles
  • CURUXA. A VOZ DE AZAZEL

    CURUXA. A VOZ DE AZAZEL

    Alfonso Barreiro
    €18,00

    Conta a historia de Curuxa, unha bruxa noviña que trata de recuperar as voces roubadas por outras feiticeiras. Esta historia fainos ver como axudán...

    Ver todos os detalles