
TINTA DE LUZ. POESÍA PARA NENOS E NENAS
Nesta última asoma, como noutras entregas anteriores do autor que encaixan no xénero da poesía para un público infantil, eses trazos senlleiros que o singularizan como a procura de novas dimensións semánticas de moitas palabras e o achado de novos termos e xogos de palabras asociados, neste caso, ao mundo da cor, da luz e das formas xeométricas -o punto, a liña, o triángulo, o cadrado, o círculo- apropiándose dun inequívoco ton humorístico ás veces e con chiscadelas a outro tipo de lectorado noutras, coidando tanto o ritmo, en ocasións con resonancias de filiación popular, como a expresividade sonora da palabra, afondando nun mundo referencial próximo ao lectorado ao que vai dirixido como é o universo da natureza: o vento, o mar, as árbores, os animais domésticos… Define o libro, talvez, ese par de versos que din “Luz de tinta na pel / tinta de luz no papel”: un exercicio de confluencia artística entre a palabra a a imaxe que non esquece o factor lúdico, imaxinativo e escintilante que axuda a ver as cousas doutra maneira, ou talvez, como verdadeiramente son. Ramón Nicolas (caderno da Crítica)
____
Editorial: Chan da PolvoraIdioma: Galego