Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O TESOURO DA LAGOA DE REID'IS

Esgotado
€10,15
ISBN 9788497824811
6ª Edición - Premio Merlín de Literatura Infantil, 2006 Aldara e Paulo pasan as vacacións de verán cos seus avós na Casa de Outeiro en Viladomar de Cabodomundo. O avó cóntalles a súa aventura na busca dun tesouro fabuloso afundido na lagoa da Praia de Mardefora, á altura da Gran Duna onde hai moito tempo quedara asolagada a cidade de Reid'Is. Aquela montaña de cofres repletos de ouro, diamantes e outras alfaias de valor incalculable, ficara agochada no grandioso pazo do rei e custodiada polos feroces urcos sedentos de sangue e por unha fermosa rapaza de cabeleira vermella, a princesa do lago.

Como fixo o avó para baixar á cidade, a capital do Antigo Reino? Conseguiu recuperar algunhas daquelas pezas marabillosas?O tesouro da lagoa de Reid 'Is de Agustín Agra obtivo o Premio Merlín de Literatura Infantil 2006. Texto de literatura fantástica cunha forte pegada realista, o xurado sinalou como os seus elementos máis salientables a fermosa recreación de lendas tradicionais galegas sobre un fondo de materia artúrica, a recuperación da oralidade, a creación toponímica sobre estruturas galegas (Cidadepedra, país de Alenmar...), o emprego dun léxico rico, inzado de referencias literarias e mitolóxicas, a reinvención de personaxes como o Gaiteiro Manfred (que toca muiñeiras de auga para que lle leven a tristura).

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • O DERRADEIRO IRMÁN

    O DERRADEIRO IRMÁN

    Nathacha Appanah
    €13,60

    Premio de novela FNAC 2007, Premio dos lectores de L'Express 2008 - Premio Cultura e Bibliotecas para Todos 2008 - Premio Fervenzas Literarias ao M...

    Ver todos os detalles
  • FESTINA LENTE

    FESTINA LENTE

    Marcos Calveiro
    €18,00

    Premio da Crítica, 2008 (narrativa) - Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro de Narrativa adultos, 2008 - Premio Irmandade do Libro ao Mellor ...

    Ver todos os detalles
  • A LAGOA DAS NENAS MUDAS

    A LAGOA DAS NENAS MUDAS

    Fina Casalderrey
    €9,20

    V Edición Premio Literario Frei Martín Sarmiento (3º a 5º Primaria) Amina vaise vivir a un lugar remoto do que descoñece ata o idioma. Un día cheg...

    Ver todos os detalles
  • CAZARÍA SALVAXE

    CAZARÍA SALVAXE

    Agustín Agra
    €12,15

    Wotan, o Demo Negro ou Señor do Inframundo, tiña ollos de lume, o corpo invisíbel ás miradas e unha negrume inescrutábel ocupaba o baleiro que ía d...

    Ver todos os detalles
  • NA FOGUEIRA DOS VERSOS

    NA FOGUEIRA DOS VERSOS

    Antonio García Teijeiro
    €9,45

    Premio Merlín de Literatura Infantil, 1996 - Premio Pier Paolo Vergerio, 1998 - Lista de Honra do IBBY,1998   Na fogueira dos versos foi premiado...

    Ver todos os detalles